Galicia100. Obxectos para contar unha cultura é un programa de divulgación do Consello da Cultura Galega que busca difundir a historia e a cultura de Galicia a través dunha selección de cen pezas desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX.

Explora os cen obxectos nesta aplicación, acompañados de fotografías, vídeos, animacións e recreacións en 3D. Emprega a aplicación na visita guiada á exposición e non te esquezas de valorar as pezas!

A EXPOSICIÓN

SANTIAGO DE COMPOSTELA

MAIO A SETEMBRO DE 2016

Visítaa en Afundación (Rúa do Vilar, 19)

A CORUÑA

OUTUBRO A XANEIRO DE 2017

VIGO

XANEIRO A ABRIL DE 2017